
Para min no apartado de cultura e nestas fechas non podo facer mais que destacar a Semana Santa Ferrolá, ben sei que o meu profesor de Historia de Galicia Manolo non a considera unha das importantes, pero eu creo que se equivoca eu considero que é das maiores de Galicia, e tamén por que non de España, e digo isto pola cantidade de xente doutros lugares de España que veñen a Ferrol a ver a Semana Santa. O miércoles aproveitei un paseo por Doniños para ver a paisaxe e sacar unhas fotos cando o meu lado caeu unha pelota de fútbol, e permitiume iso entablar conversación cunha persoa , que veu desde Madrid coa súa familia para desfrutar destas fechas aquí en Ferrol, e que parecíalle das mais fermosas de Galicia. Eu creo que este acontecemento e reputación nos permite que entre un gran capital que falta fai, e a min persoalmente ainda non ser o maior creente disto pareceme realmente fermosa, pola cantidade de xente dende nenos a anciáns que se agrupan nas calles de Ferrol. Que saibas Manolo, que a nosa Semana Santa é verdaderamente fantástica e está considerada Festa de Interése Turístico Internacional e isto non o ten calquera cidade. Neste ano 2014 roza o 100 % de ocupación os hoteis da zona o Xoves e Venres e un 92 % o fin de semana e que ata un total de 200.000 persoas vanse concretar na Semana Santa ferrolá, sen dubida algo o alcance de moi poucos lugares e sabedes que penso eu ? Manolo ti que es do sur de Galicia tes envexa de que sexa mais fermosa que aló jeje, sen dúbida e unha das poucas cousas que aquí en Ferrol podemos sacar peito.

No hay comentarios:
Publicar un comentario