miércoles, 27 de noviembre de 2013

O San Xoan

Dende moi pequeno eu, tiven moita curiosidade pola noite que se celebraban todolos anos e nos que eu e a miña familia iamos a saltar unha fogueira, diciase que iso daba sorte... Pero ben despois de informarme un pouco, agora sei que é a noite máxica por excelencia. Di a lenda que a  nosa xente dependía da agricultura, e a agricultura ten moito que ver co astro chamado Sol.
Pois ben, o San Xoán coincide co solsticio de verán. É o día máis longo do ano, a partires del o astro rei comeza a ir morrendo ata o Nadal, tempo no que chega a alumear con menos forza para volver a comezar a medrar. Os labradores conservan dende miles de anos atrás costumes que fan desta noite unha das máis importantes do ano. Os rapaces coma eu e o resto da xente xunta leña para faceren unha gran fogueira que arderá toda a noite. É a representación do Sol? Eu teño o pensamento de que si, posto que danzan arredor dela e saltan o lume para purificarse e librarse de meigallos.
"Sáltote lume de San Xoán, para que non me trabe cadela nin can". Eso é o que dicia a miña avoa cando vivia e a lenda di que o mencer o gando pasa por riba das borrallas nun rito tamén purificador e protector de enferrnidades.

O orballo desta noite ten propiedades medicinais na pel. Dise que os mozos e mozas emborcallábanse nos prados, espidos, ó raiar o día. Malia que eu nunca vin iso, dame envidia, posto que tiña que ser completamente divertidisimo ! tamén é un día de escorrentar as meigas. En certas partes de Galicia botan sal na fogueira e os estalidos que produce dise que son as meigas ó arderen. Pois claro está, ademáis da fogueira que acostuma facer cada grupo de  mozos, cada casa acende a súa cacharela, case sempre na entrada para protexela de posibles males que poidan aconteceren durante o ano. Tamén atopei informacion respecto a outro xeito de gardar as casas de malas influencias é poñer herbas máxicas nas entradas. Póñense estalotes, tamén chamados cloques, bilicroques ou
sanxoáns, e cardos. Déixanse a remollo en auga pétalos de rosas e outras flores e á mañá seguinte lávase a cara con esa auga, que posúe moitas virtudes para a pel, acordame que sempre mandame miña nai dende pequeno facelo, esa auga e verdade que me deixa a cara moi moi suave.
E sen duda unha das lendas e das historias que mais me creo de Galicia, xa que teño por tradición celebrar todos estes acontecementos, ademas sirveme para pasar un gran rato cos meus amigos .




O fermoso castro de Santa Tecla

Uns dos lugares mais famosos de Galicia é o monte Santa Tegra , onde no seu monte existe un Castro, un fermoso Via Crucis, unha ermita e unha impresionante panorámica, a desembocadura do Miño e da fronteira con Portugal.

Dende o Castro temos unhas fermosas vistas do Océano Atlántico y de la villa de A Guarda. Na parte superior do monte,no chamado Pico de San Francisco, temos unhas vistas impresionantes da desembocadura do rio Miño, das praias formadas y da fronteira con Portugal. Descuberto en 1914 cando estaban a escavar para construír unha estrada cara ao cume, actualmente existen varias casas totalmente reconstruídas, na actualidade é Monumento Histórico-Artístico dende 1931.
O castro estendese a ambos os dous lados da estrada, pero tendo o nucleo principal no lado dereito. 

Existe máis de 30 grupos de petroglifos no monte de Santa Tecla. Os petroglifos son gravados rupestres na rocha, principalmente de formas xeométricas, espirais e tamen formas animais. 




Resalta sobre as demais a Laxe Sagrada ou Laxe do Mapa, formada por circulos concentricos e por unha especie de mapa na rocha central, un mapa en teoria do propio Monte. Ademais nas próximidades do castro, nunha rocha podemos ver un petroglifo en forma de serpe. Tamén dentro do castro encontramos pedras con gravados en espirais e circulos.
Na suba ao castro exiten dous Vía Crucis, o Via Crucis consiste nun camido adornado con 14 monumentos en pedra con medallóns de bronce con escenas esculpidas do Calvario de Xesús.
No alto do Monte, ao final de Via Crucis encontrámonos cunha pequena e fermosa Hermita de estilo Románico. Na entrada da Hermita encontrámonos co Cruceiro de San Francisco, onde poderemos ver cristo nunha cara e na outra a San Francisco de Asis.
Na parte superior do Monte de santa Tecla esta posto  un Museo onde encontrarás algunhas importantes pezas encontradas nas escavacións do Castro.

Aqui vos deixo as coordenadas : 

41.889691, -8.867426
+41° 53' 22.89", -8° 52' 2.73"



Que é para min Galicia ..

Galicia para min non e nada mais que o meu territorio, a verdade e que Galicia para min non é mais que unha comunidade autónoma que forma parte do meu pais España, e a comunidade autonoma onde eu vivo. Pero teño que recoñecer que en Galicia existen moitas cousas boas, todo o mundo por exemplo sabe que en Galicia hai as mellores praias de España, mismo nalgunhas de elas existe a bandeira azul famosa de mellores praias.

Esta bandeira azul, é un galardon importantisimo que otorga nada mais e nada menos que a Educacion Europea de Educación Ambiental, puxen esto como exemplo pero a verdade é que Galicia e como todo...
Galicia é a comunidade autonoma co maior numero de poboación avellentada, esto indica, uns maiores costes en sanidade, e por riba diso o noso presidente da Xunta de Galicia é Feijoo que puxo unha nova lei que consiste en pagar os custos de mediciñas de enfermos ambulantes. Unha gran cabronada.
Como fixen eu nesta entrada, presumin das praias de Galicia, pero a dicir verdade as rias de Galicia constan de gran contaminación, e cada día é mais frecuente ver imaxes como estas o que fan que te entre no corpo un gran sentimento de tristeza, algo que considero eu moi triste...

 
Esta non é nin mais nin menos unha foto da ría da miña cidade, Ferrol, na zona de Xubia, a verdade é que a nosa ría ademais consta de unha planta de Gas moi perxudicial pero que está ahi debido os cartos que gañan os que mandan.
"Ferrol", "situación dramática", "interés público" o "poboación local". Estos son alguns termos que o Partido Popular Europeo(PPE) eliminou do informe da Unión Europea sobre a contaminacion das rías Galegas.
Outra cousa que me avergoña da miña comunidade, é as normas tan inxustas que exerce a xunta sobre os mais desfavorecidos xa que non se centra sobre os intereses do pobo, unha e mil veces prometeron cousas o pobo que logo non cumpliron, que teña que morrer xente suicidada porque non teñen diñeiro para pagar a súa propia casa ou comer , e inda por riba as persoas que axudan a esa pobre xente caenlle multas e penas o que me parece algo repugnante, sepan vostedes que os desahucios en Galicia no ano pasado subiron a 3511 , queira ou non queira esto e Galicia para min as cousas malas por enriba das boas, esto hoxe en día é un completo descontrol...
 
 
Se os politicos arreglaran a cidade en vez de encher os seus petos, evitariamos estos sitios sucios e que son lugares que perden a súa fermosidade, sitios cheos de historias dun pasado dunha gran beleza que ten un futuro bastante negro.
 
 


lunes, 18 de noviembre de 2013

María Soliña

Todos sabemos que é tipico de Galicia tanto a sua gastronomía, praias, relevo, deporte e tamen lendas, lendas historicas e como non tamén as meigas... Vouvos falar de iso.
As meigas son os seres da mitoloxía galega mais populares, son mulleres adoradoras do diablo e que cos seus rituais poden votar feitizos e facer pocions curativas. Esta superstición obliga a unha serie de rituais moi especiais para ahuyentar posibles peligros: gardar unha ferradura no fogar, trala porta de entrada, ou levar consigo un dente de allo,unha castaña pilonga ou varios obxetos que liberen do mal de ollo ou outros feitizos. Estas están dotadas de poderes extraordinarios podéndose transformar en animais domésticos hundirnos no engano de convivir con elas sen sabelo.
Vouvos contar agora a historia dunha muller chamada María Soliña que era unha muller adiñeirada de Cangas, non queda ningunha huella física de María Soliña pero a pesar de todolo que a suposta meiga de Cangas permanece na memoria popular pola sua triste historia.

Seu pai e o seu marido, ambos mariñeiros morreron víctimas da piratería turca. Soa e desamparada, xa de ancia mendigou polos camiños e se chegou a dicir de ela que era meiga ata caer nas garras do terrible tribunal do Santo Oficio.
Chegouse a afirmar que tiña tratos carnais co demonio, polo que foi torturada ata que confesou ser todo do que era acusada.Faleceu pouco despois e seus restos foron enterrados lexos de ámbito sagrado, polo que non se sabe nada de donde yace seu corpo.
A historia de María Soliña e o reflexo dunha época oscura e plagada de abusos de poder, na que a través de falsos testemuños a Inquisición conseguiu robarlle suas propiedades e desprestixiala. En esta farsa a Inquisición foi axudada por alguns veciños de María Soliña que acudiron a testemuñar contra ela, empurrados polo medo, a interese, a envidia u outras tantas "razons".
Houbo que esperar máis de catrocentos anos para que alguen se interesase en reconstruir e desvelar o que realmente sucedeu nese episodio histórico.



viernes, 8 de noviembre de 2013

Galicia e os Castros


Bos días pacharistas, hoxe a miña entrada fálanos dos castros, comezarei  explicándovos que son os castros …
Pois ben os castros son edificaciones de orixen celta que se desenrolaron en toda Galicia. Existe centos de Castros en Galicia e son das construccións con mais historia e dos mellor conservados de España, os castros galegos a súa meirande parte todavía están sen escavar o que produce que haya moitísimas historias e restos ainda sen descubrir.
O Castro de Baroña é o castro do que vos vou a falar hoxe posuía 2 murallas e ten 20 vivendas todavía conservadas, as vivendas dos castros non son como todos creen, xa que todo o mundo cree que cada construcción por moi pequeña que sexa é unha casa e iso non é asi, tiñan habitacions como ten hoxe todo o mundo e incluso pintaban as paredes con cores distintas o que facia que fora moito mais bonito.
A muralla principal, ben conservada, conta con dous lienzos. Un deles a dereita consiste en tres muros de mamposteria que suben gradualmente, o da esquerda es semellante o do istmo. A dereita da apertura de entrada houbo un cubo defensivo e os muros se estreitan, polo que se supon que se cerraba cunha porta que non deixaria pasar os carros. Posiblemente, a muralla rodeaba o castro case completamente.

 
 
Está situado no municipio de Porto do Son na provincia de A Coruña, na costa un lugar maxico onde merece a pena ir visitalo, na miña opinion o castro dalle a costa de ese punto un estilo mais antigo e fermoso malia que esta bastante deteriorado debido o paso do tempo. É uns deses lugares onde a mente abrese e a imaxinacion da cabida a todo tipo de historias que seguramente sucederon ali fai moito tempo, e que na cultura castrexa todo era parecido o de agora, un pouco mais rudimentario, si ben, pero todo tiña un parecido moi similar .
 
 
Foi descuberto en 1933, e como ben vedes ten unhas vistas fermosas, é unha verdadeira magoa que de todolos castros que hai en Galicia só unha infima parte esté excavada e descuberta un verdadeira magoa ...


martes, 8 de octubre de 2013

O " Harry Potter " Galego ?

Boas Noites Pacharistas...

Comezamos este novo blog fálando dunha das maiores paixóns da xente, e tamén unha das miñas maiores paixons...
Que é tipico de Galicia senón o fútbol ? Si, o fútbol, ese maravilloso deporte colectivo, bendito sea . Pois eu hoxe quérovos falar non do fútbol senón dun dos mellores entrenadores galegos da historia, e na miña opinión do mundo. Si él é Fernando Vázquez, a súa carreira é longa xa que este entrenador de Castrofeito, é un trotamundos do fútbol xa que dirixiu a nada mais e nada menos que 13 equipos na súa carreira, entre eles destacan clubes de gran importancia dentro da comarca coma son o Celta de Vigo, Compostela, Rácing de Ferrol, Lalín e Deportivo da Coruña e fora da nosa comarca adestrou a equipos históricos coma son o Rayo, Betis, Valladolid, Oviedo, Mallorca e Las Palmas.
Sen olvidar a Selección Galega de Futbol.
E que este adestrador non é un adestrador calquera, o técnico de castrofeito e coñecido no mundo de fútbol co nome de "Harry Potter" non só polo seu parecido físico con este personaxe, senón que dise que fai maxia cos equipos, é un técnico aguerrido, con carácter destes que xa non quedan. Actualmente está nas filas do Deportivo da Coruña que confiou nel grazas o seu grandísimo final da tempada pasada no que a súa aficion enloqueceu co seu máxico adestrador como podese apreciar...

O mais sorprendente é que non so traballaba no fútbol senón que tamén e licenciado en filologia xermanica e profesor de inglés en bachillerato, un home dos que dise que son a esencia deste deporte, esperemos poder celebrar algun titulo do Depor na praza catro camiños con el enriba dela. Como di nesta maravillosa entrevista o grandisimo Fernando Vázquez. Para mi sen dubida alguna o mellor entrenador do mundo e o mellor e que non se avergoña da sua terra nin da súa fala, xa que sempre que pode, responde en galego as preguntas feitas polos periodistas e pregoa o seu idioma por toda Galicia. Gracias por todo Fernando.

<iframe width="640" height="360" src="//www.youtube.com/embed/0d24uV4HWxA?rel=0" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>