Pois ben, o San Xoán coincide co solsticio de verán. É o día máis longo do ano, a partires del o astro rei comeza a ir morrendo ata o Nadal, tempo no que chega a alumear con menos forza para volver a comezar a medrar. Os labradores conservan dende miles de anos atrás costumes que fan desta noite unha das máis importantes do ano. Os rapaces coma eu e o resto da xente xunta leña para faceren unha gran fogueira que arderá toda a noite. É a representación do Sol? Eu teño o pensamento de que si, posto que danzan arredor dela e saltan o lume para purificarse e librarse de meigallos.
"Sáltote lume de San Xoán, para que non me trabe cadela nin can". Eso é o que dicia a miña avoa cando vivia e a lenda di que o mencer o gando pasa por riba das borrallas nun rito tamén purificador e protector de enferrnidades.
O orballo desta noite ten propiedades medicinais na pel. Dise que os mozos e mozas emborcallábanse nos prados, espidos, ó raiar o día. Malia que eu nunca vin iso, dame envidia, posto que tiña que ser completamente divertidisimo ! tamén é un día de escorrentar as meigas. En certas partes de Galicia botan sal na fogueira e os estalidos que produce dise que son as meigas ó arderen. Pois claro está, ademáis da fogueira que acostuma facer cada grupo de mozos, cada casa acende a súa cacharela, case sempre na entrada para protexela de posibles males que poidan aconteceren durante o ano. Tamén atopei informacion respecto a outro xeito de gardar as casas de malas influencias é poñer herbas máxicas nas entradas. Póñense estalotes, tamén chamados cloques, bilicroques ou
sanxoáns, e cardos. Déixanse a remollo en auga pétalos de rosas e outras flores e á mañá seguinte lávase a cara con esa auga, que posúe moitas virtudes para a pel, acordame que sempre mandame miña nai dende pequeno facelo, esa auga e verdade que me deixa a cara moi moi suave.
E sen duda unha das lendas e das historias que mais me creo de Galicia, xa que teño por tradición celebrar todos estes acontecementos, ademas sirveme para pasar un gran rato cos meus amigos .
No hay comentarios:
Publicar un comentario