lunes, 18 de noviembre de 2013

María Soliña

Todos sabemos que é tipico de Galicia tanto a sua gastronomía, praias, relevo, deporte e tamen lendas, lendas historicas e como non tamén as meigas... Vouvos falar de iso.
As meigas son os seres da mitoloxía galega mais populares, son mulleres adoradoras do diablo e que cos seus rituais poden votar feitizos e facer pocions curativas. Esta superstición obliga a unha serie de rituais moi especiais para ahuyentar posibles peligros: gardar unha ferradura no fogar, trala porta de entrada, ou levar consigo un dente de allo,unha castaña pilonga ou varios obxetos que liberen do mal de ollo ou outros feitizos. Estas están dotadas de poderes extraordinarios podéndose transformar en animais domésticos hundirnos no engano de convivir con elas sen sabelo.
Vouvos contar agora a historia dunha muller chamada María Soliña que era unha muller adiñeirada de Cangas, non queda ningunha huella física de María Soliña pero a pesar de todolo que a suposta meiga de Cangas permanece na memoria popular pola sua triste historia.

Seu pai e o seu marido, ambos mariñeiros morreron víctimas da piratería turca. Soa e desamparada, xa de ancia mendigou polos camiños e se chegou a dicir de ela que era meiga ata caer nas garras do terrible tribunal do Santo Oficio.
Chegouse a afirmar que tiña tratos carnais co demonio, polo que foi torturada ata que confesou ser todo do que era acusada.Faleceu pouco despois e seus restos foron enterrados lexos de ámbito sagrado, polo que non se sabe nada de donde yace seu corpo.
A historia de María Soliña e o reflexo dunha época oscura e plagada de abusos de poder, na que a través de falsos testemuños a Inquisición conseguiu robarlle suas propiedades e desprestixiala. En esta farsa a Inquisición foi axudada por alguns veciños de María Soliña que acudiron a testemuñar contra ela, empurrados polo medo, a interese, a envidia u outras tantas "razons".
Houbo que esperar máis de catrocentos anos para que alguen se interesase en reconstruir e desvelar o que realmente sucedeu nese episodio histórico.



No hay comentarios:

Publicar un comentario