martes, 20 de mayo de 2014

O futuro dos debuxos

Estando sentado no sofá facendo zapping pasei da tvg2 onde dan debuxos da miña infancia como pode ser Dragon Ball Gt, cambiei a Boing... De verdade, que están facendo cos debuxos animados?! Se hoxe son así de aburridos que pasará dentro de 40 anos!?
Eu lembro que quería sair o primeiro do colexio para chegar a casa e así poder ver os meus debuxos favoritos como podia ser Shin Chan, Doraemon, Arthur mesmo Heidi un mito disto xa jeje, agora esos debuxos tan educativos sen ningun mal nin fin mais co de entretener o público mais infantil convertiuse nun tipo de series de tipo de loitas, mais feitos a traves de ordenador mais non sei explicalo mais do futuro, cun diseño un pouco futurista.
 Pasamos de ver debuxos de debuxantes, a ver debuxos de ordenadores e no 2040 esos debuxos van a ser ainda mais futuristas ata chegar a un punto no que xa non serán debuxos, senón videoxogos para ver porque estase perdendo esa esencia hoxe encendes a tele e canles coma Disney Channel sempre con debuxos de moita fama como Mickey Mouse pasaron a ser series para nenos pequenos mais que aburridas, xa non producen o gozo dos nenos como sentía eu na miña niñez e que estou imaxinando un futuro con só debuxos de robots, de loitas como agora que van por mal camiño e fan os nenos cada vez mais hiperactivos ou  esa e polo menos a miña impresión, se algun de vos e productor de debuxos por favor.. Volvede a esencia!

Chegaremos a algures?

Hoxe coma a maioria de cidadans Galegos, dia 20 de maio, a miña nai está a mirar os recibos que ten e o diñeiro que lle queda para acabar este mes, os recibos xa pagos ( luz, gas,auga,hipoteca) ai que sumarlle a comida de cada semana, a gasolina do coche, o pago do portal, seguro do coche..
Estamos no ano 2014 en pleno seculo XXI e ainda hoxe en dia as familias como a miña que somos mileuristas non chegamos facilmente a fin de mes, sempre hai que argallar e facer algo para que o diñeiro chegue e mes a mes esa é unha das preocupacions da miña nai e cada vez de mais habitantes Galegos. Pois ben e de dicir que miña nai ten un pequeno traballo e ademais cobra unha pensión, ou sexa que en teoria eso deberia chegar, pero non.. e vouvos decir por que non
E ben ahi o tedes a comparacion de Galicia con respecto a outras comunidades autónomas de España, en Galicia as pensions son as mais baixas de toda España, e ademais a media esta fixada en 782,26 euros o mes, vos creedes que se pode vivir con ese diñeiro?
Se estamos así agora, epoca de en teoria crecemento segun o presidente do goberno, como estaremos no ano 2040? Canta xente terei que ver cos meus ollos tirada polas ruas sen un carto para comer?
Isto señores vai ir cada vez a peor debido a que entre o 2030 e o 2040, o gasto en pensions se situará no 13 % do PIB, dende o 8 % actual. A cifra entra dentro das recomendacions da Unión Europea. Sen a reforma, as estimaciones levan ata o 17 % do PIB o gasto para esa década. E sabedes cal é a reforma? traballar mais e dicir subir a idade de xubilación ainda mais a este paso morreremos traballando, so espero que no 2040 a xente viva mellor que agora e que cada vez que dou un paseo por Ferrol non teña que ver cada 10 metros a xente durmindo na rúa, isto é unha verdadeira mágoa.


Onde imos a chegar?

Buscando un tema do que falar, veuseme a cabeza que teño que botar gasolina no coche, e ben cara que está. Onde chegaremos co precio da gasolina? Posto que vivimos nun lugar onde a gasolina págase a precio de ouro, onde as empresas comercian con ela de forma abultada, e o estado nos meten no precio dela multiples impostos como puede ser el céntimo sanitario que hay que pagar. Pois ben, según parece como por outro lado é lóxico o petroleo esta a escasear cada vez mais, e iso influe en que sexa moito mais dificil conseguilo polo tanto sube o precio da gasolina. Eu penso que e é fundamental na nosa vida actual o petroleo porque ainda que se creen automóbiles electricos, de bioetanol ou de gas, estos vehiculos teñen un prezo que unha persoa normal non poderia pagar nin de broma ou sexa que non existe outra solucion posible, pareceme indignante que teñamos a gasolina a un precio moi superior en comparacion con outros lugares do mundo, aqui un litro pode custar sobre 1,40 euros/l mentres que en por exemplo en Abu Dhabi o precio non e mais que 0,38 cent/l unha diferencia abismal, como estaremos no 2040?
Pois ben o ter cada vez menos petroleo o mundo o precio de por si subira, pero se ainda lle poñen impostos a xente acabara por non poder permitirse o que para alguns hoxe en dia por moi triste que pareza sexa un luxo, xa é hora de tomar medidas posto que isto solo pode ir a peor, ai que tomar alternativas distintas dunha vez xa que a min este tema doeme porque eu tamén o sufro.

miércoles, 7 de mayo de 2014

O futuro.

Púxenme a pensar en que me deparará o futuro. E iso sucedeu debido a que o meu profesor de Historia de Galicia meteume o puntiño de ter intriga, pois ben eu vexo un futuro moi negro. Quería tratar de algo tan presente na actualidade como poden ser as redes sociais, como irán a evolucionar?. O único certo a día de hoxe é que as redes sociais cada vez están mais a orde do día as redes sociais e apricación para o móvil como pode ser Whats app, Telegram ou mesmo o Line. Aplicacións de mensaxeria instantanea, se seguimos esa evoluciñon estas aplicacións tanto de mensaxeria instantanea coma de redes sociais farannos a vida un pouco peor, e por que digo isto? Porque se xa a día de hoxe perdemos a esencia de poder baixar a calle para poder falar cos nosos amigos, que poderá ocorrer no futuro?... Estas redes sociais están a romper as relacions da xente, non só amizades por tonterias, senón que tamén relacións e mesmo lamentablemente tamén para fins poucos ortodoxos e violentos. Se a día de hoxe a xente enfádase porque conectaste o Facebook e non lle falas, dentro de uns anos cando as novas xeneracións collan ainda mais de pleno estas redes que ocorrerá? E que isto pareceme un despipote. Chegar a ter disputas por unha simple conexión un comentario serio que cataloga a xente de soso ou borde e provocar pareceme algo moi triste, onde quedou o de chamar por telefono ou ir timbrar a casa da xente os teus amigos para que poidan baixar a falar un pouquiño? De verdade a xente cree que con isto non facemos mais que avanzar, pero eu creo que no ano 2040 seremos un pouco mais pobres en riqueza por estas cousas ata chegar o punto de que algún dia falaremos dende o salón coa nosa nai que está na cociña polo Whats app, algo cando menos lamentable e moi triste. E iso que nosa xeración está comezando con isto pois isto só acaba de comezar. O que nos espera!.

viernes, 18 de abril de 2014

Cultura Ferrol.

Para min no apartado de cultura e nestas fechas non podo facer mais que destacar a Semana Santa Ferrolá, ben sei que o meu profesor de Historia de Galicia Manolo non a considera unha das importantes, pero eu creo que se equivoca eu considero que é das maiores de Galicia, e tamén por que non de España, e digo isto pola cantidade de xente doutros lugares de España que veñen a Ferrol a ver a Semana Santa. O miércoles aproveitei un paseo por Doniños para ver a paisaxe e sacar unhas fotos cando o meu lado caeu unha pelota de fútbol, e permitiume iso entablar conversación cunha persoa , que veu desde Madrid coa súa familia para desfrutar destas fechas aquí en Ferrol, e que parecíalle das mais fermosas de Galicia. Eu creo que este acontecemento e reputación nos permite que entre un gran capital que falta fai, e a min persoalmente ainda non ser o maior creente disto pareceme realmente fermosa, pola cantidade de xente dende nenos a anciáns que se agrupan nas calles de Ferrol. Que saibas Manolo, que a nosa Semana Santa é verdaderamente fantástica e está considerada Festa de Interése Turístico Internacional e isto non o ten calquera cidade. Neste ano 2014 roza o 100 % de ocupación os hoteis da zona o Xoves e Venres e un 92 % o fin de semana e que ata un total de 200.000 persoas vanse concretar na Semana Santa ferrolá, sen dubida algo o alcance de moi poucos lugares e sabedes que penso eu ? Manolo ti que es do sur de Galicia tes envexa de que sexa mais fermosa que aló jeje, sen dúbida e unha das poucas cousas que aquí en Ferrol podemos sacar peito.

Gabriel García Marquez

Gabriel García Marquez (1927-2014) foi un escritor novelista e periodista colombiano que en 1982 recibiu o Premio Nobel de Literatura. E como morreu esta semana adícolle esta entrada.
Vos diredes, que ten que ver isto coa cultura en Galicia? pois ben, ten que ver e moito xa que este escritor
ten raices Galegas, sorprende leer as reiteradas afirmacions de Gabriel García Márquez sobre seus antepasados galegos, pero ahí están, en artículos o en declaracions, como as anotadas polo seu amigo Plinio Apuleyo Mendoza en El olor de la guayaba (1982). «Meus avos eran descendientes de galegos, e moitas das cousas sobrenaturais que me contaban proveñían de Galicia», decía García Márquez. En 1983, literalmente extenuado polo axetreo de ganar o Nobel, visitou na Moncloa a Felipe González, recién elexido presidente do Goberno, e lle confesou a sua necesidade inaplazable de tomarse un descanso. García Márquez contabao logo coas siguientes palabras: «Decidín regalarme na realidad uns dos meus soños máis antigos: coñecer Galicia».
Aquela visita fructificou nun artículo revelador e inolvidable do escritor titulado Viendo llover en Galicia, que, conten unha das máis felices e atinadas visions de Compostela e do ser galego. «La ciudad -dice el escritor- se impone de inmediato, completa y para siempre, como si se hubiera nacido en ella». García Márquez buscaba literalmente as suas raíces e as encontróu! Por ello comezou seu artículo segun nos conta no diario "La Voz de Galicia" cunha frase inequívoca do Che Guevara: «La nostalgia empieza por la comida». Porque tamén para él «la nostalgia de Galicia había empezado por la comida, antes de que hubiera conocido la tierra». E dicir, pola comida que facía a sua avoa, os panes do vello forno e os «jamones deliciosos» cuyo sabor se lle «quedó grabado para siempre en la memoria del paladar». Un sabor que volveu a encontrar en Galicia. Por ello terminaba preguntándose se non había empezado «a ser víctima de los mismos desvaríos de su abuela. Entre gallegos -ya lo sabemos- nunca se sabe».

Cómic Galicia

Para falar de cultura en Galicia, hai que falar de moitas cousas como cine, literatura, lendas, historias, feitizos... e sen dubida unha das miñas paixons de novo e ainda hoxe para matar o aburrimento tamén, o cómic.
E lémbrome que un dos mellores cómics galegos foi o de Golfiño cómic o cal conseguíase co diario "La voz
de Galicia" pois ben, Golfiño  foi un dos poucos comics en galego adicado ao público infantil de cómics, hoxe en dia conservo algúns dos exemplares que contiña xogos, adiviñanzas e moitas moitas aventuras, Golfiño sin dúbida faime recordar as tardes na aldea, da man do meu avó, que cando él durmía a sesta, eu collia a revista e pasábame todo o rato con ela ata a hora de merendar, sen dúbida marcou un recordo especial na miña vida.
Golfiño xurdiu en 1999 case ao mesmo tempo ca revista Elipse que ia dirixido o público adulto, adoptou cadencia mensual a partires do ano 2000 con Miguel Vazquez Freire as riendas da dirección e coa colaboración de Miguel Anxo Prado, Xaquín Marín, Norberto González, Kiko da Silva ou James Fisher.
Durou ata o ano 2004. Na sua etapa final chegou a alcanzar unha tirada superior a 160.000 copias, que eran distribuidas todos os domingos gratuitamente coa Voz de Galicia. Seu último número foi o 89.