martes, 20 de mayo de 2014

O futuro dos debuxos

Estando sentado no sofá facendo zapping pasei da tvg2 onde dan debuxos da miña infancia como pode ser Dragon Ball Gt, cambiei a Boing... De verdade, que están facendo cos debuxos animados?! Se hoxe son así de aburridos que pasará dentro de 40 anos!?
Eu lembro que quería sair o primeiro do colexio para chegar a casa e así poder ver os meus debuxos favoritos como podia ser Shin Chan, Doraemon, Arthur mesmo Heidi un mito disto xa jeje, agora esos debuxos tan educativos sen ningun mal nin fin mais co de entretener o público mais infantil convertiuse nun tipo de series de tipo de loitas, mais feitos a traves de ordenador mais non sei explicalo mais do futuro, cun diseño un pouco futurista.
 Pasamos de ver debuxos de debuxantes, a ver debuxos de ordenadores e no 2040 esos debuxos van a ser ainda mais futuristas ata chegar a un punto no que xa non serán debuxos, senón videoxogos para ver porque estase perdendo esa esencia hoxe encendes a tele e canles coma Disney Channel sempre con debuxos de moita fama como Mickey Mouse pasaron a ser series para nenos pequenos mais que aburridas, xa non producen o gozo dos nenos como sentía eu na miña niñez e que estou imaxinando un futuro con só debuxos de robots, de loitas como agora que van por mal camiño e fan os nenos cada vez mais hiperactivos ou  esa e polo menos a miña impresión, se algun de vos e productor de debuxos por favor.. Volvede a esencia!

No hay comentarios:

Publicar un comentario