martes, 8 de octubre de 2013

O " Harry Potter " Galego ?

Boas Noites Pacharistas...

Comezamos este novo blog fálando dunha das maiores paixóns da xente, e tamén unha das miñas maiores paixons...
Que é tipico de Galicia senón o fútbol ? Si, o fútbol, ese maravilloso deporte colectivo, bendito sea . Pois eu hoxe quérovos falar non do fútbol senón dun dos mellores entrenadores galegos da historia, e na miña opinión do mundo. Si él é Fernando Vázquez, a súa carreira é longa xa que este entrenador de Castrofeito, é un trotamundos do fútbol xa que dirixiu a nada mais e nada menos que 13 equipos na súa carreira, entre eles destacan clubes de gran importancia dentro da comarca coma son o Celta de Vigo, Compostela, Rácing de Ferrol, Lalín e Deportivo da Coruña e fora da nosa comarca adestrou a equipos históricos coma son o Rayo, Betis, Valladolid, Oviedo, Mallorca e Las Palmas.
Sen olvidar a Selección Galega de Futbol.
E que este adestrador non é un adestrador calquera, o técnico de castrofeito e coñecido no mundo de fútbol co nome de "Harry Potter" non só polo seu parecido físico con este personaxe, senón que dise que fai maxia cos equipos, é un técnico aguerrido, con carácter destes que xa non quedan. Actualmente está nas filas do Deportivo da Coruña que confiou nel grazas o seu grandísimo final da tempada pasada no que a súa aficion enloqueceu co seu máxico adestrador como podese apreciar...

O mais sorprendente é que non so traballaba no fútbol senón que tamén e licenciado en filologia xermanica e profesor de inglés en bachillerato, un home dos que dise que son a esencia deste deporte, esperemos poder celebrar algun titulo do Depor na praza catro camiños con el enriba dela. Como di nesta maravillosa entrevista o grandisimo Fernando Vázquez. Para mi sen dubida alguna o mellor entrenador do mundo e o mellor e que non se avergoña da sua terra nin da súa fala, xa que sempre que pode, responde en galego as preguntas feitas polos periodistas e pregoa o seu idioma por toda Galicia. Gracias por todo Fernando.

<iframe width="640" height="360" src="//www.youtube.com/embed/0d24uV4HWxA?rel=0" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>




No hay comentarios:

Publicar un comentario