Hoxe día 25 de Febreiro de 2014, é un día triste para min, posto que presenciei unha cousa que presenciei moitas veces pero xamais fixome quedarme pensando coma hoxe e que está ahi en calquer recuncho diante de todo o mundo. Hoxe despois do meu exame de Literatura a segunda hora, propúxenme sair do instituto para airearme un pouco polo centro de Ferrol e estirar as pernas que non está nada mal de vez en cando... Pois ben, indo cara a praza de Armas cruzeime polo camiño a 4 sen teito pedindo diñeiro polas esquiñas pasando frío e mollandose, eu sintoo moito non recrimino a xente o non darlles unha axuda porque eu tampouco o fago, e non o fago primeiramente porque tampouco vou sobrado de recursos economicos e coma min miles de persoas, e mais en ferrol co paro que existe aqui ultimamente, pero o que si recrimino é que a xente non loite por axudarlles, xa que non só e axudar a un sen teito calquera senón que o día de maña poden estar axudandose a si mesmos porque nunca se sabe o que nos depara o futuro e eso fixome pensar e fixome pensar moito en como o imos a arranxar isto e como imos loitar? Pois ben loitemos contra este capitalismo e estas promesas incumpridas do goberno actual, pero que non só é este goberno esque calquera que manda son corruptos, de verdade non hai ningun partido nin xefe que pense de verdade no seu estado e no seu pais antes de pensar no seu beneficio propio economico?. Eu vexo cada vez mais novas de politicos que roubaron diñeiro, novas de xente que vai a carcel por roubar alimentos nun super e banqueiros e xente importante que rouba millons de diñeiro da xente de a pie sigue as suas anchas pola rúa, que os bancos cada vez axudan mais a xente, bueno, axudar non, quero dicir que lles concede créditos a xente créditos que teñen que devolver cos seus intereses pero eu penso, se hai diñeiro para salvar os bancos, por que non hai diñeiro para salvar a todala xente que esta sin un teito habendo miles de pisos e casas na nosa comarca deshabitados e pudrindo?, en serio non pode o noso goberno tan sequera deixarlles entrar nalgún sitio con teito?, eu rio por non chorar cando vexo xente que entra de ocupa nalgunha casa so para refuxiarse esa persoa e a súa familia e a policía sacanos de mala maneira e incluso múltanos... Como queren que paguen ese diñeiro da multa se nen sequera teñen para comer? o que estamos vivindo é de tolos, isto e todo un sen sentido que a min persoalmente cada día deixame mais alucinado a verdade eu creo que para estas inxustizas o maior rebelde que hai son eu porque cando algo pareceme mal o digo e non me calo, e creo que a unica maneira que teño para arranxar esto pola miña parte e ter ben pensado que ningun dos gobernos punteiros merece meu voto nas próximas eleccións, e espero que moita xente coma min se rebele e deixe de dicir coma os meus amigos eu non voto total meu voto non vai cambiar nada, pois ben eso nunca se sabe, iso si sabedeo, co meu voto non contedes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario