viernes, 18 de abril de 2014

Cómic Galicia

Para falar de cultura en Galicia, hai que falar de moitas cousas como cine, literatura, lendas, historias, feitizos... e sen dubida unha das miñas paixons de novo e ainda hoxe para matar o aburrimento tamén, o cómic.
E lémbrome que un dos mellores cómics galegos foi o de Golfiño cómic o cal conseguíase co diario "La voz
de Galicia" pois ben, Golfiño  foi un dos poucos comics en galego adicado ao público infantil de cómics, hoxe en dia conservo algúns dos exemplares que contiña xogos, adiviñanzas e moitas moitas aventuras, Golfiño sin dúbida faime recordar as tardes na aldea, da man do meu avó, que cando él durmía a sesta, eu collia a revista e pasábame todo o rato con ela ata a hora de merendar, sen dúbida marcou un recordo especial na miña vida.
Golfiño xurdiu en 1999 case ao mesmo tempo ca revista Elipse que ia dirixido o público adulto, adoptou cadencia mensual a partires do ano 2000 con Miguel Vazquez Freire as riendas da dirección e coa colaboración de Miguel Anxo Prado, Xaquín Marín, Norberto González, Kiko da Silva ou James Fisher.
Durou ata o ano 2004. Na sua etapa final chegou a alcanzar unha tirada superior a 160.000 copias, que eran distribuidas todos os domingos gratuitamente coa Voz de Galicia. Seu último número foi o 89.

No hay comentarios:

Publicar un comentario